Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Apple négase a desbloquear o iPhone de autor do tiroteo en California
A empresa de tecnoloxía Apple négase a desbloquear o teléfono iPhone usado por un dos autores do tiroteo de decembro pasado na cidade californiana de San Bernardino (EE. UU.), no que morreron 14 persoas.

Nun comunicado emitido polo seu director executivo, Tim Cook, Apple afirma que a orde emitida polo FBI, que investiga o atentado, tería "graves consecuencias para a seguridade" dos usuarios da marca tecnolóxica."O Goberno de Estados Unidos pediu a Apple que dun paso sen precedentes, que ameaza a seguridade dos nosos usuarios", dixo Cook no comunicado. "Opómonos a esa orde, que ten implicacións máis aló do caso que se dilucida", afirma.

De acordo coa orde emitida pola maxistrada Sheri Pym, Apple deberá prover ao FBI de "asistencia técnica razoable" para acceder ao dispositivo móbil, o que fundamentalmente se traduce en piratealo para desactivar o sistema de seguridade que elimina os datos do teléfono si non se introduce o código correcto tras varios intentos.

Se Apple logra desactivar esta función, os investigadores federais poderán probar tantas combinacións como sexan necesarias para o código se seguridade persoal do iPhone sen medo a que se perdan os datos e, cando dean coa correcta, acceder ao móbil e a toda a información que este conteña. O teléfono era operado por Syed Farook, un dos autores da matanza, aínda que é propiedade da súa empleador, a administración do condado de San Bernardino, que xa deu o seu consentimento para o rexistro.

"O goberno está a pedir a Apple que piratee aos nosos usuarios e que mine décadas de avances sobre seguridade e protección", di Cook no comunicado."Oporse a esta orde non é algo que facemos a treo. Debemos enfrontarnos ao que creemos que é unha extralimitación do goberno de Estados Unidos", afirmou.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-02-2016 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal