Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A programación do 150 aniversario de Valle-Inclán propón decenas de actividades expositivas, divulgativas ou de teatro
Galicia conmemorará o 150 aniversario do nacemento do dramaturgo, novelista e polifacético artista Ramón María del Valle-Inclán cun extenso programa no que se propón todo tipo de actividades literarias, representacións escénicas, ciclos de cinema, exposicións e demais accións divulgativas co fin de achegar a súa figura á sociedade galega.

Coincidindo coa celebración do ano de Castelao (decretado pola Academia de Belas Artes), das Irmandades da Fala, do centenario Camilo José Cela ou de Manuel María como homenaxeado nas Letras Galegas, a comunidade autónoma disporá dunha "potente" programación en materia cultural, segundo destacou o titular de Educación da Xunta, Román Rodríguez, durante a presentación desta efeméride. As localidades de Vilanova de Arousa e A Pobra do Caramiñal, onde o escritor naceu e pasou parte da súa vida, terán ademais un protagonismo especial con distintas iniciativas de difusión social, como a sinalización dunha "ruta valleinclaniana" naqueles lugares de O Salnés e O Barbanza con vínculos familiares, biográficos e simbólicos do artista. Ademais, elaborarase unha guía das casas-museo do dramaturgo e organizaranse distintas rutas literarias e lecturas públicas. Estas mesmas casas-museo celebrarán a XVIII edición das xornadas de homenaxe a Valle-Inclán, con novos recursos tecnolóxicos para enriquecer o percorrido polas súas instalacións e ampliar a oferta de información os visitantes.

Por outro lado, un ciclo de cinema repasará unha selección de títulos baseados nas súas obras en outubro e novembro nas citadas localidades, mentres que o Centro Galego de Artes da Imaxe promoverá outra iniciativa similar centrada na influencia do esperpento, xénero creado polo dramaturgo, e do seu creador no cinema español posterior á Guerra Civil.

Selena González Rodriguez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-02-2016 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal