Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Miles de persoas toman Santiago en defensa do mar

Unha multitudinaria protesta reclama futuro para as familias que viven da pesca, a acuicultura e o marisqueo. Desafiando ao frío, e a un tempo desapracible, miles de persoas tomaron esta mañá as rúas de Santiago co propósito de reclamar un futuro para as xentes que viven do mar. Nunca ata agora escenificouse unha unión como esta. A manifestación partiu pouco antes das doce da Alameda de Santiago. E á cabeza, un grupo de nenos cunha pancarta cun lema : «O mar é o noso futuro».

A multitudinaria protesta, histórica por unir a todo o mundo do mar, é tamén a expresión dun malestar larvado desde hai décadas ante problemas estruturais aínda sen resolver; o saneamento das rías, os constantes recortes en capturas, problemas en moitas especies e, sobre todo, a sensación de abandono que rendeu no sector. Ao berro de «Conselleira dimisión» os manifestantes percorreron as rúas da zona vella ata encher a Praza do Obradoiro.

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-02-2016 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal