Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Temporal de neve en Galicia

O frío aire polar marítimo que empezou a notarse o venres na montaña ourensán e lucense con nevadas moderadas, está deixando este sábado precipitacións de neve por encima dos 400 metros de altitude.

Dous terzos do territorio galego estarán en alerta, amarela en boa parte do interior e laranxa nas montañas (risco meteorolóxico importante). Aínda que o 112 Galicia rexistrou ata o momento 89 incidencias relacionadas co temporal, a chegada da neve está sendo, por agora, menos traumática do que se esperaba. A provincia máis afectada polos problemas causados pola presenza de neve nas estradas está sendo Pontevedra.

En Ourense, a neve acumúlase en estradas, prados e tellados, aínda que sen provocar (ata o momento) grandes problemas na circulación. A vía máis afectada é a OU-704 que une o pobo de Manzaneda coa estación de esquí a través do pobo de Paradela. O nivel de complicación que sinala a Dirección Xeral de Tráfico é vermello, isto é, que está aberto o paso para vehículos provistos de cadeas, e prohibido para camións e furgonetas. Aínda así, a situación estase complicando e fai apenas unha hora, o GES de Castro Caldelas tiña que acudir a rescatar un coche que quedara atrapado na neve. Tamén no acceso á estación desde A Pobra de Trives recoméndase o uso de cadeas. Unha vez arriba, na estación de esquí están abertas 21 pistas, con 15 quilómetros de superficie para esquiar.

Nuria Vázquez Gómez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-02-2016 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal