Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Medio centenar de cidades españolas mobilízanse en solidariedade cos refuxiados.

Máis de corenta cidades españolas sumáronse este sábado ás marchas europeas convocadas co lema «Pasaxe seguro xa» en solidariedade cos centos de miles de refuxiados que chegan a Europa en busca de protección.

Máis de medio centenar de organizacións sociais, sindicatos e partidos políticos adheríronse ás mobilizacións, convocadas pola plataforma cidadá Benvidos Refuxiados España, para esixir aos Gobernos europeos que se establezan rutas seguras para as persoas desprazadas dos seus fogares de maneira forzosa por mor de guerras e conflitos.

No manifesto existe un chamamento á solidariedade entre os Estados europeos para a acollida dos refuxiados que chegan a Grecia e Italia, polo que piden que se axilice a recolocación de forma urxente, cumprindo os acordos adoptados.

Instan os Gobernos europeos a desempeñar «un papel activo» na resolución pacífica de conflitos en Siria, Afganistán, Iraq, Palestina ou *Eritrea, así como no control do comercio de armas con países nos que se producen violacións dos dereitos humanos.


Cristina Rey Pérez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-02-2016 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal