Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os galegos cren que faltan medios para loitar contra a violencia machista
Transcorreron só dous meses do 2016, pero xa hai contabilizadas en España once mulleres mortas debido á violencia machista, unha delas en Galicia. A última foi esta semana en Zaragoza. O falecemento de Soraya, que tiña unha orde de afastamento de 500 metros do seu exmarido, parece haber dado que pensar ao ministro do Interior. «Todos aprendemos dos erros [...] todo o que haxa que reformar para erradicar esa secuela será benvido», recoñeceu Jorge Fernández Díaz durante un acto público. Este último crime provocou que varios colectivos clamen por un aumento real dos medios para erradicar unha secuela que non logran deter e da que se comezou a falar como un problema de Estado.
Un estudo realizado por Sondaxe para A Voz mostra como un 77,1 % dos galegos que participaron no traballo cre que os medios policiais de protección das vítimas non alcanzan para lograr o obxectivo. Os máis críticos son os habitantes da Coruña. A porcentaxe aumenta mesmo ao falar das medidas postas en marcha polas administracións para frear a violencia machista. Xusto nese campo son oito de cada dez os galegos entrevistados que as ven insuficientes.

Paola Dacasa, 2º Bach.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 28-02-2016 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Amazing. Cris#blgtk08#tian Fitting
Comentario por Cristian Fitting (04-05-2016 22:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal