Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Emerxencias activa a alerta laranxa por neve en Ourense
A Dirección Xeral de Emerxencias activou a alerta laranxa por un temporal de neve que afectará a partir das 21.00 horas deste venres ás provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, e que se estenderá o sábado.
Segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, o fenómeno adverso afectará as zonas de montaña e centro de Lugo; montaña, sur e noroeste de Ourense e Pontevedra interior. A cota de neve irá descendendo ata os 400 metros e espérase acumulación de 20 centímetros nas zonas de montaña e ata sete no resto.
Co fin de garantir a seguridade de bens e persoas, o Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia informou da situación a todos os concellos afectados, bombeiros, deputacións e servizos de Protección Civil, entre outros. Así mesmo, lembrou á poboación a importancia de seguir medidas de autoprotección.
Para facer fronte aos posibles efectos da climatoloxía nas vías, o Goberno galego ten previsto activar os medios e recursos necesarios para garantir a circulación polas estradas autonómicas en condicións adecuadas, con 25 operativos, 72 vehículos, 5.700 toneladas de fundente e un equipo de 450 persoas.


Kelly Pousa, 2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-02-2016 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal