Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre en Santiago o británico David Mackenzie, difusor do galego no mundo anglófono e precursor do "galicianismo internacional"
Foi o primeiro catedrático de estudos galegos na Universidade de Birmingham e creador do centro de estudos galegos desta academia e da de Cork, onde tamén ensinou. O primeiro deles foi tamén o primeiro que se creou en Europa, con só o precedente da Universidade de Nova York.O británico David Mackenzie, axente difusor da lingua, a literatura e a cultura de Galicia e catedrático de Estudos Galegos no mundo anglófono, faleceu na capital galega, onde residía, informaron fontes da súa contorna.
O seu compromiso mereceu un dos oito Premios da Cultura 2014 que concede a Xunta, o de Lingua; en 1994 recibiu o premio Pedrón de Honra e o Hispanic Achivement Award do London Hispanic Festival e en 2001 foi elixido Membro Correspondente da Real Academia Galega (RAG). Era socio de honra da Asociación Internacional de Estudos Galegos e da Hispanic Society of América.
O pasado ano, en xullo, o Instituto da Lingua Galega (ILG) presentou un libro titulado En memoria de tanto miragre, en homenaxe ao profesor británico, considerado un dos precursores do "galicianismo internacional".
O editor apuntou que a obra de Mackenzie mantén hoxe vixencia e vitalidade e axuda a manter a presenza da lingua e literaturas galegas no ámbito internacional.
É tamén froito da súa intervención que a Modern Humanities Research Association incluíse unha sección dedicada á lingua e literaturas galegas na súa The Year's Work in Modern Language Studies e promoveu e dirixiu varias teses de doutoramento sobre autores como Taramancos, Pondal ou Sarmiento, así como o estudo crítico do Rexurdimento.

Xeila Crespo Rodríguez, 2º Bach.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-02-2016 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal