 O antiepiléptico Dekapine e outros medicamentos derivados administrados a mulleres embarazadas causaron malformacións en entre 425 e 450 nenos nados en Francia entre 2006 e 2014, segundo unha estimación da Inspección Xeral de Asuntos Sociais (Igas).
Nun informe encargado en xullo pola ministra de Sanidade, Marisol Touraine, e publicado este martes, 23 de febreiro, a Igas fixo unha proxección dos datos obtidos do estudo realizado na rexión Ródano-Alpes.
O ácido valproico comercialízase en Francia desde 1967, con prescrición médica con diversas marcas como Dekapine, Micropakine, Depakote ou Depamide, pero en decembro pasado a Alta Autoridade de Sanidade emitiu unha ficha con restricións. En concreto, precisou que non debe receitarse a mozas, adolescentes, ou mulleres en idade de procrear "salvo en caso de ineficacia ou intolerancia aos medicamentos alternativos existentes". A Fiscalía de París abriu unha investigación para determinar eventuais neglixencias cometidas polo grupo farmacéutico Sanofi que o fabrica, polas autoridades sanitarias ou polos médicos.
A asociación de vítimas de Depakine, Apesac, di contabilizar, pola súa banda, un milleiro de casos.
Laura Abad Álvarez, 2º de Bacharelato. |