Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Novos fármacos logran «espertar» aos linfocitos para acabar coa células canceríxenas
«Estamos nun momento doce da oncoloxía». A frase é de Rafael López, xefe do servizo de oncoloxía do CHUS. E o motivo é a inmunoterapia, un novo tratamento que se aplica en Galicia, como noutros centros sanitarios, nalgúns tipos de cancros avanzados, e que aumenta a supervivencia e reduce a toxicidade doutros como a quimioterapia.

López, acompañado polo responsable do Centro Oncolóxico de Galicia e presidente da sociedade galega desta especialidade médica, Manuel Ramos, explicou nunha xornada celebrada en Santiago como funcionan estes novos fármacos, que agora se aplican en melanoma avanzado e nun tipo de cancro de pulmón, o máis frecuente, cando xa fallou outro tratamento. Os linfocitos son as células que defenden o organismo de axentes externos e internos, como poden ser as células cancerosas. Nalgún momento estas células son capaces de «durmir» aos linfocitos, e a inmunoterapia «esperta» ao linfocito para que ataque ao tumor. «É fisiolóxico, e por iso ten tan pouca toxicidade porque a quimioterapia arrasa con todo», apuntou López de forma coloquial.

Antía Álvarez Ferro, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-02-2016 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal