Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OURENSE MÁXICA, ENTRE AS PÁXINAS DE DRAGAL
"Alguén cre nos dragóns?", e tras a abafadora resposta negativa dun paraninfo abarrotado de mozos lectores, a xornalista e escritora Elena Gallego Abad presentou as historias de Dragal. Presentada Elena Gallego Abad, de pé fronte ao auditorio, explicou como naceran estes libros que definiu como "os meus fillos literarios".
Comezou a súa narración mostrando imaxes de distintas representacións de dragones. "Hainos chineses, cataláns, galegos. Polas miñas viaxes descubrín dragóns en moitos sitios, así que se cadra si que existen", aseguraba Gallego aos estudantes.
Proseguiu explicando cal foi a orixe da historia de Dragal, da cal está a preparar xa o quinto libro. "Ao meu fillo encantáballe a fantasía e os dragones, e cando lle preguntei por que non lía ningunha en galego, díxome que non había. Así que lle comentei que eu lle ía a escribir unha historia, e díxome que estaba tola", lembrou a autora.
Explicou tamén, acompañada durante toda a conferencia por un power-point con imaxes, que "todo existe na vida real, está documentado ou está dentro da tradición de Galicia" e revelou un pequeno secreto, "cando inventei o instituto ao que vai estudar Adrián, fíxeno precisamente pensando neste, no Otero Pedrayo".
Animou aos futuros lectores a buscar os dragóns en Ourense: "Existen. De feito, dise que as augas quentes das Burgas son as perlas do dragón de Montealegre".
Elena Galego realizou un percorrido polo universo de dragóns existentes nas tradicións e lendas galegas e engadiu os elementos máxicos. Mostrou un medallón antidragóns que deixou circular entre os alumnos e nomeou tamén a personaxes históricos que aparecen na saga, como Gaudí ou Dá Vinci. Finalizou explicando a traxectoria da saga, anunciou a existencia dunha película que adapta a historia, e deixou claro que "Dragal serve para demostrar que Ourense é máxica e tamén Galicia". A quenda de preguntas foi desde saber cantas páxinas tiña o libro para querer coñecer cando sairá o quinto.


Patricia González Fernández, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-02-2016 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal