Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia celebra o 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán con actividades literarias, escénicas, cinematográficas, expositivas e artísticas.
Un abano de iniciativas literarias, representacións escénicas, ciclos de cine, exposicións, actuacións multiartísticas, charlas e obradoiros, entre outros, conforman o extenso programa de actividades que se desenvolverán ao longo deste ano en Galicia con motivo do 150 aniversario do nacemento do dramaturgo, novelista, poeta e ensaísta Ramón María del Valle-Inclán, e que hoxe presentou na Cidade da Cultura o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.
Trátase dunha completa programación colectiva promovida pola Consellería de Cultura e Educación en colaboración coas principais entidades e organismos vinculados dalgún xeito á figura deste dramaturgo universal, como é o caso dos concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa, a Asociación Amigos de Valle-Inclán, a Fundación que leva o seu nome, a Universidade de Santiago a través da Cátedra Valle-Inclán, o Consello da Cultura Galega, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e a Deputación de Pontevedra.
Durante o acto de presentación das actividades, Román Rodríguez amosoulles o seu agradecemento a todas estas entidades polo importante papel que desempeñan para “reforzar o coñecemento da creación valleinclaniana e favorecer o achegamento da cidadanía á figura do creador do esperpento”. Esta programación responde ao mandato aprobado por unanimidade no Parlamento instando a Xunta a impulsar e acompañar as principais iniciativas culturais arredor da celebración dos 150 anos de Valle-Inclán, unha data que -segundo lembrou o conselleiro- forma parte do Calendario do libro e da lectura 2016 canda outras celebracións singulares da cultura galega neste ano, como é o centenario das Irmandades da Fala e do premio Nobel galego Camilo José Cela.
Xunto co conselleiro, interviñeron o presidente da Asociación Amigos de Valle-Inclán e neto do escritor, Xaquín del Valle-Inclán; os alcaldes da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa, Xosé Lois Piñeiro e Gonzalo Durán respectivamente; o vicepresidente da Fundación Valle-Inclán, José Juan Durán; e a directora da Cátedra Valle-Inclán, Margarita Zas.





Ana Rodríguez Diz, 4ºC.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-02-2016 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal