Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Covadonga é o principal centro fixo de venda de droga.

A pesar da vixilancia e ás operacións antidroga da policía e a Garda Civil, a venda de sustancias estupefacientes é aínda un negocio lucrativo. Históricos traficantes caeron pero outros seguen ao pé do negocio e aparecen substitucións para facerse cargo dun mercado no que predomina o trapicheo a pequena ou mediana escala.

Na provincia, a Garda Civil afirma non ter detectado ningún punto fixo de droga actualmente. A mobilidade dos vendedores é característica do negocio, ademais de buscar a discreción de domicilios particulares ou dalgún local de hostalería. Recentemente, a Policía Local do Carballiño descubriu a un vendedor con cocaína, haxix e marihuana dentro dun coche aparcado no polígono industrial da Uceira onde supostamente estaba trapicheando. Moitas das últimas detencións e incautacións de droga realizáronse cando os supostos traficantes estaban in itínere, transportando as sustancias ilegais. A Policía Nacional capturou en outubro a dous presuntos traficantes da comarca do Carballiño que tiñan máis de 800 gramos de coca e sustancias de corte.

Na capital, durante o ano 2015, realizáronse un dez por cento máis de incautacións de droga que no exercicio anterior e tamén aumentou o número de detidos por tenencia de sustancias ou tráfico. Na cidade, a Policía Nacional ten controlados varios puntos de venda, aínda que co matiz de novo de que os camelos cambian de lugar frecuentemente para non ser detectados. O barrio de Covadonga segue sendo o punto de referencia para este tráfico ilegal. Na rúa Júpiter hai portais abertas coa finalidade de fornecer droga e aínda que, segundo fontes policiais, continuamente practícanse detencións, os traficantes de sempre e outros herdeiros do negocio reaparecen para tomar a substitución.

A comisaría mantén un plan de vixilancia na contorna dos colexios, pois en parques ou prazas próximos aos centros detectouse a presenza de trapicheros con pequenas cantidades para vendelas aos clientes máis novos. Os arredores do instituto 12 de Outubro, os centros de secundaria das Lagoas, o parque de Concello, preto de Salesianos, xunto a outros IES como o Ferro Couselo ou Xullo Prieto Nespereira son zonas nos que a policía ourensá ha detectado nalgún momento presencia de vendedores. Todo a pequena escala e ofrecendo fundamentalmente haxix.

A cocaína, polo seu maior prezo, adóitase mover doutra maneira e é o propio vendedor quen a leva ao seu destinatario, sen esperar na rúa, segundo fontes policiais. En outubro, caeu un grupo que operaba nun pub da rúa Vale Inclán e que tiña ramificacións nunha vivenda da estrada de Parada de Piñor e na comarca de Monterrei. Incautáronlles 2,7 quilos de marihuana e 164 gramos de cocaína.

COVADONGA

O supermercado da droga na capital. Na cidade, o principal punto de venda segue estando no barrio de Covadonga. Na contorna da rúa Júpiter, hai varios pisos abertos a determinadas horas para a venda de estupefacientes controlados por traficantes. A policía practica detencións con certa frecuencia pero non está desmantelado. fotos santi m. amil

CONTORNA DE INSTITUTOS

Trapicheo de haxix. A policía mantén un plan de vixilancia na contorna de centros escolares (na imaxe, o instituto 12 de Outubro) para detectar a presenza de vendedores, normalmente trapicheros a pequena escala.

PRAZAS E PARQUES

Lugares de encontro variables. O camelo adóitase mover para non ser detectado, pero parques como o de Concello ou a contorna da praza 500 son puntos onde se lles viu, segundo fontes policiais.

ZONA VELLA

Rúa e locais. No casco antigo existen puntos onde conseguir droga. A policía vixía zonas como a praza da Estrela. Tamén no centro da cidade, en outubro desmantelouse un punto de venda na rúa Vale Inclán.

PROVINCIA

Sen puntos concretos. Segundo a Garda Civil, non constan zonas fixas de venda. No Carballiño, a policía detivo en outubro a dous homes con 800 gramoso de coca. Vendían nun pub da pista Roxa e nun piso da vila.

RAIRO

Caravanas moi transitadas. Na zona de Rairo ou Cuña de Arriba caeron xa polo menos dous traficantes que foron condenados por vender droga nunha caravana e nunha caseta de madeira na leira A Marquesa. Ao máis recente atopáranlle 3,4 gramos de heroína en 18 bolsitas despois de que a policía vise saír en xaneiro a unha consumidora. Ao vendedor da caseta capturárono comprando 49 gramos de heroína de escasa pureza en Salceda de Caselas. fotos miguel villar

Máis necesario o cambio da persoa adicta, antes que evitar a contorna
En Cruz Vermella, organización que ten un grupo para traballar a redución do consumo de drogas na prisión provincial de Pereiro de Aguiar, realizan terapias con politoxicómanos para axudarlles a deixar a adicción, sobre todo para cando estean en liberdade. O coordinador do programa, Pablo Villarino, sostén que, unha vez fóra, a persoa ten que cambiar os seus hábitos para ser capaz de volver vivir na súa contorna habitual sen recaer. «Ás veces tense a fantasía de que se se van a outra cidade poderán evitalo; quizais durante un tempo non saben onde se pilla, pero se queres pódelo saber nun par de horas», explica Villarino. En canto ás sustancias máis consumidas, no Comité Antisida constatan un descenso da heroína. Na prisión, desde Cruz Vermella sinalan que o cannabis, o alcol e a cocaína son o máis usado
.




José Javier Nieto Blanco. 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2016 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal