Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha nena de 6 anos recada 90.000 dólares vendendo limoada para curar ao seu irmán
A síndrome de Angelman, producido por unha desorde xenética, causa deficiencias neurolóxicas e físicas. En 2014 Na'ama Uzan tiña 4 anos e o seu irmán Nadav foi diagnostico desta enfermidade xenética. Desde aquel momento o principal propósito de Na'ama foi recadar fondos, destinados á investigación desta síndrome que afecta a entre 12.000 e 20.000 persoas no mundo.

A historia comezou coa instalación dun pequeno posto de venda de limoada fronte á residencia da familia. Máis tarde ampliaron a oferta poñendo á venda doces enfornados, segundo conta 'FoxNews'. Por mor desta iniciativa coa que conseguiu recadar ao redor de 90.000 dólares. 'CBC News' conta que a pequena, que agora ten seis anos, foi convidada a unha conferencia sobre a Síndrome de Angelman en Chigago.

Este luns, en Toronto, celebrouse un partido de hockey benéfico polo día mundial desta patoloxía. Na'ama acudiu ao evento cun gran cargamento de doces para vender e recadar diñeiro para a investigación. "Temos cupcakes e muffins", anunciaba a pequena en Toronto. Durante este evento deportivo, recadaron outros 7.219 dólares, segundo contan na súa páxina de facebook. Grazas aos esforzos desta nena e a súa familia, conseguiron que o diñeiro alcance para contratar a un investigador doutoramento que traballa na procura dunha cura para Angelman.

A nai de Na'ama asegura que "é moi inspirador" o saber que o investigador ou a investigadora que estará cada día buscando unha solución, coñecerá que o seu salario "vén dunha nena pequena que estivo vendendo limoada a 50 centavos cada vaso". Na'ama dixo a 'CBC News' que o seu obxectivo, polo que realmente traballou todo este tempo, é que o seu irmán "sexa capaz de falar, de patinar e, quizá algún día, sexa capaz de xogar ao Hockey".

Laura Abad Álvarez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2016 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal