Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A realidade dos refuxiados franceses
Ana Miranda, portavoz do Bloque en Bruxelas e integrante da Alianza Libre Europea --EFA, nas súas siglas en inglés-- visitou esta segunda feira o campo de persoas refuxiadas de Calais (Francia). Un lugar coñecido como 'a Xungla' no que moran "5 mil persoas", entre elas "200 menores sós", sinalou Ana Miranda, nunhas "condicións de miseria" apenas a "dúas horas de París" e "tres de Bruxelas".

Calais, o maior campo de toda Europa "é un vertedoiro", afirmou a nacionalista, "un lameiro de 18 hectáreas" situado a carón do Canal da Mancha no que as persoas refuxiadas agardan para cruzar até o Reino Unido.

Após visitar as instalacións da man de persoas voluntarias e as ONGs que traballan prestando axuda, Ana Miranda sinalou que as autoridades francesas non están a prestar asistencia sanitaria nin servizos básicos. Un traballo que realizan @s voluntari@s de maneira "admirábel" fronte á "inacción dos gobernos". “Estamos nunha Europa que presume de valores e amosa unha terríbel deshumanización". "Europa perdeu o sentido da solidariedade e non hai valados que poidan conter as ansias de supervivencia", dixo a nacionalista.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2016 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal