Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“Non se imaxinan a ilusión que temos", din os rostros dunha campaña estatal de Cruz Vermella
Manuel Rozas segue esperando a chegada dos luns coa «ilusión dun neno», porque o primeiro día da semana acode á súa casa Silvia Vázquez, a voluntaria de Cruz Vermella que lle ofrece charla e compañía, pero «sobre todo fai que me senta útil. Ela é moi boa, pon moito interese, que é o importante». A súa é unha relación que arrincou no 2014. Silvia, de Bandeira e residente durante o curso académico en Santiago, acode a casa de Manuel todos os luns para «seguir aprendendo a cociñar», comenta a nova estudante. E, aínda que a repostería é a escusa, Silvia achega a Manuel oxíxeno para manterse activo aos seus 90 anos, e Manuel a Silvia regálalle consellos, non só de cociña, acumulados na súa longa vida.

Esta historia, contada en La Voz de Galicia en setembro do 2015, espertou o interese dos responsables de Cruz Vermella Española, que decidiron elixilos como protagonistas dunha campaña de captación de socios, que comezará a emitirse en televisión e nas redes sociais nas próximas semanas. «Non se imaxinan a ilusión que me fai. Séntome feliz, quen me ía dicir a min, cos meus anos, que acabaría na televisión. E con Silvia, que é unha gran moza», comenta emocionado Manuel.

Antía Álvarez Ferro, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-02-2016 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal