Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Falece o humanista Umberto Eco aos 84 anos
Umberto Eco, o escritor e humanista italiano, autor de "O nome da Rosa" faleceu onte aos 84 anos en Milán.

O seu pensamento e a súa obra ensaística foron referentes no ámbito da filosofía, da lingüística e da comunicación, e da súa obra literaria vendeu máis de 30 millóns de libros.

Dicía que "un autor debería morrer despois de escribir a súa obra para achanzarlle o camiño ao texto", e con 84 anos Umberto Eco deixounos desde onte as súas obras como a mellor mostra do seu pensamento.

A Idade Media, foi un dos moitos mundos que tivo: para o seu estudo filosófico, estético e tamén para construír sobre ela as súas novelas. A de máis sona: "O nome da rosa" que en 1986 chegaba ao cinema.

Precisamente cuestionar e atopar respostas a todo o que acontecía tamén no mundo moderno foi unha das súas constantes: unha extraordinaria curiosidade que o fixo pioneiro no estudo da semiótica e que o levaría tamén a analizar a comunicación de masas: entre os seus críticos, os Apocalípticos e os seus defensores, os Integrados.

Dicía tamén que "o mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le". Non é o caso da súa obra que lle deu recoñecemento como o de doutor honoris causa en numerosas universidades, premios como o Príncipe de Asturias da Comunicación e Humanidades e a consideración de ser un dos pensadores críticos de referencia dos últimos tempos.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-02-2016 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal