Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A CRTVG estrea Musigalité, o seu primeiro programa adaptado para televisión, radio e internet

A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) estreará por primeira vez o próximo mércores, día 17, un programa adaptado para televisión, radio e internet. Trátase dun espazo sobre música actual galega denominado 'Musigalité', que contará con trece programas. Artistas e grupos musicais de Galicia como Iván Ferreiro, Carlos Jean, Triángulo de Amor Bizarro, The Soul Jacket, Miguel Costas, Maryland ou Víctor Coyote mostrarán "a súa música e as súas raíces", acompañándoas de actuacións en directo, segundo explicou a CRTVG nun comunicado. Deste modo, en cada episodio, o público poderá coñecer os procesos creativos e o mundo de tres grupos musicais por capítulo. Así mesmo, Musigalité contará coa súa propia páxina web -www.musigalite.gal-, na que estarán dispoñibles todos os capítulos, así como contidos extra relacionados cos 39 participantes, concertos ou cancións, entre outros. En concreto, Musigalité emitirase na Televisión de Galicia (TVG) os mércores ás 00,30 horas e será redifundido os sábados pola mañá. Ademais, o programa tamén se emitirá os mércores ás 19,30 horas en Radio Galega Música e refundirase na mesma cadea os sábados ás 14,30 horas.

Selena González Rodriguez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 14-02-2016 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal