Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Becerreá: máis unha vítima mortal da violencia machista en Galiza.

Unha muller de 40 anos de idade foi asasinada sobre as seis da tarde do xoves en Herbón, na parroquia de Tortes, no concello de Becerreá (Ancares), por disparos dunha escopeta de caza. Axentes da Garda Civil detiveron no lugar dos feitos a un varón de 29 anos, parella da muller, como presunto autor do asasinato. A muller tiña dous fillos dunha relación anterior. Un deles, de 16 anos, resultou ferido nunha man.

Após coñecerse máis un crime machista na Galiza, o primeiro de 2016, na localidade de Becerreá, o movemento feminista convocou concentracións nas principais cidades galegas.

Seguindo o protocolo que se vén desenvolvendo no país, dous días despois de se confirmar o asasinato machista de Ana Gómez Nieto, organizacións e colectivos feministas saen ás rúas para amosar a súa repulsa polo crime mais tamén, sinalan, "para denunciar a violencia machista instalada na nosa sociedade".

As cifras oficiais da violencia machista na Galiza ascenden formalmente a 8 casos na Galiza en 2015 após un xulgado de Ferrol ordenar o ingreso en prisión do marido de C.P., a muller asasinada o 29 de decembro en Narón. A xustiza recoñece así que se trata dun caso de "violencia de xénero" polo que se procedeu á detención do home. Após pasar a disposición xudicial decretouse o seu encarceramento.





Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-02-2016 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal