Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O teatro Jofre acolle o musical “BYE BYE, HONEY”, inspirado na crise do naval nun barrio da bisbarra de Ferrol
O Teatro Jofre de Ferrol acollerá o sábado 6 de febreiro a partir das 20,30 horas a representación do musical 'Bye bye, honey', da compañía 'Obras Públicas', peza gañadora de dous premios María Casares que relata unha historia "proletaria, crúa e dos baixos mundos" que "traslada" o público aos barrios obreiros de Ferrolterra.

Así o asegurou este xoves o seu autor, o director naronés José Luís Prieto, que participou na presentación que tivo lugar no Concello de Ferrol, coa presenza do concelleiro de Cultura de Ferrol, Suso Basterrechea (FeC). As entradas para esta obra, a un prezo de 8 euros, xa están dispoñibles na páxina web de teatro municipal.

Durante a presentación, o concelleiro de cultura ferrolano asegurou sentir "unha especial ilusión" por poder poñer en escena no Teatro Jofre este musical, "un dos máis premiados dos últimos tempos" e que "inclúe elementos dramáticos a pesar de ser un musical".

Pola súa banda, o director, José Luís Prieto, declarou que esta obra é xurdida das súas "vivencias nun barrio de Narón, nada amable, senón máis ben ao contrario, dura, crúa, de baixos mundos e con conexión á crise do sector naval" dun xeito xenérico.

Nesta representación reflíctese unha aposta escénica "moderna, rebelde e musical" que conta a historia de Marta --interpretada por Iolanda Muíños--, unha moza de barrio que decide deixar a súa casa e emprender un camiño incerto e perigoso. Ademais, na repartición tamén participan César Goldi, actor con máis de 20 anos de experiencia, e Carlos Mosquera "Mos",actor, músico e compositor.


Xeila Crespo, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2016 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal