Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Decenas de mariñeiros esixen ao Estado que apoie o reclamo das súas pensións a Noruega.
Varias decenas de mariñeiros que estiveron embarcados en mercantes de Noruega protagonizaron unha manifestación en Santiago de Compostela para esixir ao Goberno do Estado que medie e actúe para reclamar ao país nórdico o pagamento das súas pensións.
En Galicia hai preto de 8.000 afectados por esta situación (12.000 en toda España) e que reclaman, a través da Plataforma Long Hope, que o Estado actúe ante o Goberno noruegués para solucionar esta situación “tan grave” que está “constatada e documentada”.
“(o Goberno) Non pode estar baixando os pantalóns ante esta inxustiza social”, sinalou o voceiro Alberto Paz, en declaracións aos medios antes da saída da marcha, na Praza do Obradoiro compostelana.
Tras a recente negativa por parte de Noruega á súa petición, a asociación presentará unha demanda o próximo 9 de febreiro ante o xulgado do distrito de Oslo. Trátase “dun primeiro movemento” para lograr levar o caso a xuízo a finais de verán e de aí ir pasando a outras instancias, como o Supremo noruegués, ata chegar o Tribunal de Estrasburgo de Derechos Humanos.
Paz recoñeceu que non esperan “benevolencia” por parte das autoridades norueguesas, dado que “a cerrazón deles é absoluta”. “Pero a nosa, tamén porque sabemos que o dereito nos acompaña”, insistiu.
Así, demandaron a España que presente unha demanda interestatal contra Noruega no Tribunal de Dereitos Humanos, algo ao que se negaron “por razóns políticas”. Ademais, solicitaron a convocatoria dunha reunión “de alto nivel” entre o Estado e as autoridades norueguesas, que é “primordial”, en lugar de celebrar “encontros puntuais” aproveitando coincidencias de ministros.




Ana Rodríguez Diz, 4°C.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2016 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal