Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Feijóo repite a visita a Verín disfrazado cun smóking rosa
Como xa é habitual, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudiu a súa cita coa noite de comadres en Verín. O xefe do executivo autonómico chegou pasadas as once da noite cun particular atuendo -acorde, iso si, coas datas de Entroido- e acompañado por outros alcaldes e líderes locais do Partido Popular.

Miles de persoas de toda Galicia e doutros lugares de España abarrotaron a pasada noite as principais rúas da localidade ourensá de Verín no popular "Xoves de Comadres", unha das celebracións máis seguidas do Entroido ourensán , e que non se quixo perder o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que apoiou, disfrazado, o Entroido. Considerado o día máis multitudinario do Entroido verinés, xa que a vila chega a duplicar poboación, o titular do Goberno galego participou, un ano máis, nos actos de Comadres logo da súa ausencia o ano pasado por motivos de axenda. Neste día, as mulleres "mandan" na rúa aínda que cada vez máis homes, disfrazados de muller, se suman a esta festa. Flanqueado en todo momento polo exalcalde e senador Juan Manuel Jiménez Morán, Feijóo tamen asistiu á cea privada do Parador verinés -un acto non oficial. Ao finalizar a cea, as autoridades percorreron a pé o camiño real que transcorre desde o Parador ata o municipio de Verín, alumados por centos de candeas. Unha vez na praza Maior, as autoridades procederon á lectura do pregón e recibiron á Raíña do Entroido e ao Entroideiro maior.

Nuria Vázquez Gómez, 1ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 06-02-2016 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal