Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Catro empresas biotecnolóxicas galegas alíanse para buscar novos fármacos contra o cancro

Catro empresas galegas do sector biotecnolóxico e integradas no Clúster Bioga puxeron en marcha o proxecto Neogalfarma, co obxectivo de buscar novos fármacos cos que facer fronte a distintos tipos de enfermidades oncolóxicas.

Segundo informou Bioga, Neogalfarma dará continuidade ao proxecto Oncogalfarma, unha colaboración entre AMSLab, GalChimia e Oncostellae que deu lugar á primeira Plataforma Galega para o Descubrimento de novos Fármacos en Oncoloxía (Galfarma). Concretamente, as tres biotecnolóxicas uníronse para descubrir novas moléculas con actividade antitumoral. Para iso, GalChimia e Oncostellae colaboran cos seus programas actuais de investigación en cancros de próstata e mama, mentres que AMSLab, como plataforma tecnolóxica, achega as súas capacidades analíticas.

No marco do proxecto Conecta-Peme 2014/15, Oncogalfarma foi financiado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), o cal deu lugar a un consorcio. A el uniuse este Nanogap, outra biotech galega especializada en nanomateriais con potenciais efectos antitumorais. As catro empresas presentaron a súa solicitude ao proxecto Conecta-Peme 2016/17 baixo o nome Neogalfarma, co que desenvolverán cinco proxectos preclínicos contra diversos tipos de cancros. Os resultados obtidos ata agora polo consorcio son patentables, xa que, por exemplo, se descubriu unha nova serie de potentes antagonistas do Receptor de Andróxenos (AR) para o tratamento do cancro de próstata avanzado, unha enfermidade que non ten cura na actualidade.

Selena González Rodriguez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 06-02-2016 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal