Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dous mortos na explosión nunha empresa de biodiesel de Algemesí

Dúas persoas morreron e unha terceira resultou ferida moi grave, con queimaduras no 80 % do corpo, a consecuencia da explosión ocorrida na empresa Biocom Enerxía de Algemesí (Valencia), cuxas causas están a ser investigadas. A explosión produciuse sobre as once da mañá nun silo desta empresa de biodiesel, situada no polígono industrial de Cotes do citado municipio valenciano, segundo fontes do Centro de Coordinación de Urxencias da Generalitat.

Unha das hipóteses que se baralla é que a explosión sexa producida durante uns traballos de soldadura, aínda que a Policía Científica e Xudicial iniciou unha investigación para determinar o que ocorreu.

Tamén a Conselleria de Economía Sostible, Sectores Produtivos, Comercio e Traballo, indaga as causas do accidente laboral e para iso inspectores do Instituto Valenciano de Seguridade e Saúde no Traballo (Invassat) desprazáronse ata a industria.

Tras coñecerse o accidente, familiares e amigos dos falecidos e do ferido trasladáronse ata a empresa, onde se viviron momentos de tensión. Segundo explicou a Efe o deputado do Consorcio de Bombeiros da Provincia de Valencia, Josep Vicent Bort, os dous falecidos ían proceder a unha soldadura na parte superior do silo cando se produciu a explosión.

Bort indicou que o silo estaba baleiro de líquido pero no seu interior podería haber gases, o que podería ter ocasionado a explosión e a caída do silo e das persoas que se atopaban alí traballando.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 06-02-2016 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal