 A paixón de Javier Rodríguez polo surf fixo que, hai dous anos, abrise as portas de Core Surfing, unha tenda especializada no material técnico necesario para esta práctica e pezas de vestir das principais marcas. "Estaba nun momento no que nin eu nin a miña parella, Lupe, tiñamos unha boa estabilidade laboral, así que decidimos arriscar, asociarnos e buscar un futuro para ambos".
Este mozo emprendedor explica que a súa paixón polo surf comezou cando tiña pouco máis de quince anos e que entón aprender non era tan sinxelo como agora. "Non había tantas axudas e aprendín como puiden, sen traxe de neopreno e só cunha táboa". Posteriormente formouse en hostalería e turismo e, unha vez finalizados os seus estudos, a súa paixón por esta disciplina fíxoo facer as súas maletas e trasladarse a Australia. "Fun alí porque quería aprender inglés e surfear".
Elena Outomuro López, 2º de Bacharelato. |