Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Consello de Europa encoraxa a Xunta a promover os medios en galego
O relatorio elaborado polo Comité de Expertos europeo ao fío da cuarta rolda de avaliación do cumprimento da Carta europea de linguas minoritarias ou rexionais, supón un tirón de orellas á política lingüística da Xunta de Feijóo. Neste senso, para alén dos incumprimentos que o goberno galego e o Estado español estarían a cometer en materia de ensino, na xustiza ou na propia administración, senón que dá conta deles tamén noutros ámbitos como os medios de comunicación.

No concreto, en cumprimento do artigo 11 os territorios que subscriben a Carta están obrigados a asegurar a existencia de medios nas linguas propias fomentando e facilitando a súa creación, a formación d@s xornalistas . Porén, segundo recolle o documento publicado polo Comité de Expertos "as axudas públicas dirixidas aos medios en galego foron drasticamente reducidas" o que provocou "o pechamento dos xornais que usaban o galego" como o Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, De Luns a Venres e A Nosa Terra.

E é que, na última resolución publicada pola Xunta de Galiza en materia de axudas concedidas a “empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego” e de "axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radiofusión" evidencian o resgo da administración en favor das cabeceiras escritas case na súa totalidade en español. Así, unha soa cabeceira, La Voz de Galicia, recibe tres veces máis fondos públicos (681.901 euros) que o conxunto dos 18 medios que publican integramente en galego (201.340 euros). Desde o Comité de Expertos sinalan que na actualidade unicamente existe no noso país un xornal impreso publicado integramente en galego e unha vez á semana, Sermos Galiza.

Ana García Barandela, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 06-02-2016 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal