Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Europa suxire a España un “recoñecemento” do galego nas áreas onde se fala en Castela-León e Estremadura.
As autoridades españolas deberían de “considerar estender o recoñecemento” daquelas linguas que xa son cooficiais (galego, vasco e catalán) en determinados territorios a outras autonomías onde sexan faladas, “sempre que haxa un número suficiente de usuarios”. Esta é, informa a web 'Nationalia', unha das recomendacións que o Comité de Ministros do Consello de Europa vén de facer para garantir maior protección a aqueles idiomas diferentes do español.

A suxerencia do Comité, prosegue Nationalia, traduciríase nun posíbel recoñecemento do galego naquelas áreas de León e Zamora onde hai galego-falantes, así como á zona de Estremadura onde aínda pervive o noso idioma. Cómpre lembrar que en León son 25 os concellos con habitantes galego-falantes e en Zamora, 5. O filólogo Henrique Costas calculou que no Bierzo hai por volta de 25.000 persoas que falan o galego e que nas Portelas son unhas 1.500. Na comunidade de Estremadura existe tamén un pequeno núcleo (Val do Xálima) de tres lugares nos que se fala unha variedade da lingua galega: Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello. Son, segundo o filólogo e membro da RAG, uns 5.000 falantes. En total, hai por volta de 70.000 falantes de galego en 51 concellos de Asturies, León, Zamora e Estremadura.

Porén, esta recomendación non necesariamente se fai a Asturies (Costas fala de 40.000 galego-falantes no Navia asturiano), pois a documentación do Consello de Europa define o idioma que se fala nesa zona como 'galego-asturiano'.

O Comité fai unha outra recomendación o Estado español: que a introdución da educación trilingüe “non afecte adversamente a protección e promoción” das linguas diferentes do español, caso do galego.Hai catro recomendacións máis feitas polo Comité: reforzar as linguas cooficiais na xustiza, administración estatal e servizos públicos en xeral.





Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-02-2016 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal