Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Apertador de pandas, a profesión máis entrañable do mundo.

Un dos traballos máis entrañables do mundo está en China. A misión é sinxela: pasar os 365 días do ano dándolle apertas a cativas de oso panda e compartindo todas as alegrías e as penas destes animais en perigo de extinción.

Si, falamos dun apertador de pandas profesional, que se dedica a xogar con eles, darlles agarimos, atendelos cando están en problemas ou simplemente facerlles compañía mentres mascan con parsimonia brotes de bambú. Así, día tras día, ata lograr converterse en nai, compañeira e mellor amiga do animal.

Non creas que falamos dun posto que saia da mente de alguén que vive nun mundo de arcos da vella e nubes de algodón, senón que se trataba dunha oferta laboral real, pola que pagan 200.000 yuanes anuais (uns 27.000 euros), unha cantidade moi alta para o nivel de vida en China, e provén ao empregado de comidas e hospedaxe gratuitos. E, para conseguilo, só necesitábase dispoñilidad e coñecementos básicos sobre a especie. En todo caso, a oferta, sobre a que informou o China Daily a finais do 2014, xa está pechada.

O posto, para o que non se adoita pagar unha cantidade tan elevada, xa foi asignado. E no Centro de Investigación e Protección do Panda Xigante de Sichuan hai unha persoa que se dedica todos os días a facer que os pequenos pandas se encariñen con ela.
«Necesitas paciencia para un traballo como este», afirmou un dos organizadores da campaña de contratación, que indica que no centro conta cun bo número de voluntarios (un 80 % de todo o persoal), a maioría de Xapón, Europa e Estados Unidos.

Xa o dicía Confucio: «Elixe un traballo que che guste e non terás que traballar nin un só día da túa vida». Sendo apertador de pandas, o difícil será enfrontarse á dura realidade ao deixar atrás a esos cariñosos montóns de pelos.


Cristina Rey Pérez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-01-2016 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal