Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Policía Local descarta un exceso de velocidade no accidente de Celso Emilio Ferreiro
A Policía Local descarta que o aparatoso accidente que se produciu esta mañá na rúa Celso Emilio Ferreiro fora causado por un exceso de velocidade dalgún dos dous coches que circulaban nos instantes do impacto e que golpearon a un terceiro vehículo aparcado. Os axentes do corpo estudaron o lugar do sinistro e descartaron a hipótese da velocidade pola forma na que envorcou un dos coches -un Dacia Duster de cor branca. Segundo a Policía, o turismo envorcado invadiu o carril esquerdo indebidamente cando se atopou con outros coches mal estacionados pola dereita. O choque cun BMW serie 3 e unha segunda colisión cun Seat Alhambra provoca o envorco. As espectaculares consecuencias do accidente, co coche montado boca abaixo sobre a beirarrúa, só carrexaron feridas para o condutor do Seat (de 41 anos). O ocupante do Dacia foi auxiliado polos bombeiros, pero non sufriu lesións maiores.

Nuria Vázquez Gómez, 1º de Bacharelato A
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 30-01-2016 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal