Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mecánica ourensá no Dakar

Dous mecánicos ourensáns tiveron a oportunidade de gozar dunha das experiencias deportivas máis extremas que pode ofrecer a competición de motor: o rali Dakar, disputado entre o 2 e o 16 de xaneiro entre Arxentina e Bolivia. Para Roberto Conde, mecánico de motos de 33 anos nado A Rúa, era a súa terceira carreira. Traballa nun taller en Andorra xunto a Cyril Depres, piloto francés cinco veces gañador da proba. Formou parte do equipo de motos Honda HRC, no que estaba Joan Barreda. Para Borja Prol, de 25 anos, e natural do ourensán barrio do Couto, era a súa primeira oportunidade. Formou parte do equipo Jaton Racing, que participou con dous coches Toyota e un Acciona eléctrico.

Roberto Conde era o mecánico do piloto francés Mika Metge. “Este ano foi complicado. Tivemos problemas técnicos, eléctricos, de motores, caídas... non nos foi moi ben”, explica o rués. O equipo de competición de Honda é amplo e esixente, revela Conde: “Cada mecánico ocúpase dunha moto e temos axudantes de electrónica e un enxeñeiro de motor. Cando empezas un Dakar é algo forte. Son dúas semanas en equipos grandes, con bastante dureza. Hai estrés, pero tamén corredores bos, cos que se pode chegar a gañar. Si estivese nun equipo de baixo orzamento non iría. Si tes que loitar, mellor por alguén que poida facer algo”.

Borja Prol leva cinco meses traballando no equipo Jaton Racing, en Barcelona, e xa coñecía os coches cos que competiron. “Non tiveron problemas, pero cos quilómetros e os moitos golpes hai que cambiar cousas e revisar. Iamos dous mecánicos por coche. Quedamos terceiros da nosa categoría”, explica. Levaban tres coches, o Toyota Land Cruiser, un Toyota Hilux e o eléctrico Acciona Eco Powered, que pilotaba o seu xefe, Ariel Jaton.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 30-01-2016 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal