Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Máis de 1.500 traducións de obras galegas a outras linguas en 40 anos
O grupo Bitraga (Observatorio da Tradución en Galiza, pertencente á Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo) elabora desde o ano 2004 a Biblioteca da Tradución Galega que contén a referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos cara a e dende a lingua galega; co obxectivo de proxectar a importancia política e cultural da produción traducida. Na súa web pódense consultar as traducións literarias publicadas desde 1980 até a actualidade.

Segundo as autoras deste catálogo único que recolle obras traducidas dende e cara ao galego (Ana Luna Alonso, Áurea Fernández Rodríguez, Iolanda Galanes e Silvia Montero), os datos son “máis que positivos” no que a proxección exterior se refire. Tras cubrir o repertorio de clásicos nos anos 80 e 90, a comezos da década do 2000 o sector entrou nunha nova fase con signos de normalidade como a tradución dos premios Nobel, de obra menor de grandes autores, de obras de actualidade e ata de best-sellers...

“A cantidade de textos literarios estranxeiros traducidos e aos que se ten acceso directamente en galego sen necesidade de pasar polo castelán é enorme”, subliña Ana Luna, investigadora principal do grupo, ao que Iolanda Galanes engade que, a día de hoxe, no sector da tradución literaria en Galicia xa non hai enormes diferenzas co que acontece noutros lugares, “estamos no circuíto comercial e, aínda que non somos un mercado equiparable ao das grandes culturas, percibimos signos de normalidade. Iniciouse, aínda que de xeito tímido, o proceso de internacionalización”.




Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 29-01-2016 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal