Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os mozos falan pouco galego.


Todos os informes confirman que o uso do galego é maioritario en Galicia, pero tamén que o seu descenso é continuo. A última enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE), dada a coñecer o pasado decembro, revelaba que, en 2013, só un de cada catro menores de quince anos falaba habitual ou maioritariamente galego. E o que é peor, a pesar da escolarización obrigatoria, nesa franxa de idade, un 22% admitía non saber nada, ou pouco. Algo que contrasta cos datos globais do seu coñecemento: un 57,3% sábeo falar moito e un 29,6 bastante.


O pasado día 31, a Real Academia Galega facía unha declaración institucional na que pedía a derrogación do decreto de 2010, e facía un chamamento aos sectores sociais para evitar o desafiuzamento do idioma da súa propia casa.Un idioma que é unha ponte entre xeracións, un precioso elo coa historia e unha ferramenta valiosísima para o futuro, un medio de comunicación e tamén un recurso con valor emocional e económico. Un ben público, o máis parecido ao aire que respiramos. O galego non é un problema, é unha riqueza, finalizaba.





Laura Feijoó González, 4ºA.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2016 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal