Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta considera un privilexio contar cun destino "Starlight" na Veiga
Esta certificación acredita que este municipio ourensán posúe unha boa calidade do firmamento como parte do seu patrimonio natural, paisaxístico, cultural ou científico.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, considera "un privilexio para toda Galicia" contar cun destino 'Starlight' na comunidade. En concreto, referiuse ao Concello da Veiga, que acaba de obter esta certificación que o avala como destino turístico astronómico. Así se pronunciou nas xornadas 'As montañas de Trevinca: paisaxes, patrimonios e propostas didácticas', organizadas pola Diputación provincial, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Concello da Veiga co obxectivo de profundar no coñecemento deste recurso natural. Segundo precisou a Xunta nun comunicado durante o acto de inauguración, a directora de Turismo de Galicia destacou a importancia de que un pobo crea na potencialidade dun territorio porque así se poñen en valor os seus recursos e se aposta pola promoción do destino.

Nuria Vázquez Gómez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 24-01-2016 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal