Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha gran tormenta paraliza a costa este de EE.UU. e deixa polo menos 18 mortos
Unha gran tormenta de neve e fortes ventos paralizou este sábado dez estados da costa este de Estados Unidos e deixou polo menos 18 mortos, decenas de feridos e centenares de persoas atrapadas durante horas nas estradas.

A tormenta sorprendeu á cidade de Nova York, que pasou en poucas horas de esperar efectos menores a prohibir o tráfico rodado ata o domingo á primeira hora ante o prognóstico dunha nevada histórica que xa superou os 63 centímetros, a terceira maior desde o inicio dos rexistros en 1869.

A cidade máis poboada do país suspendeu o metro exterior, a illa de Manhattan pechou os túneles e pontes que a conectan, e ata quedou sen un das súas iconas: todos os espectáculos cancelados en Broadway, a gran avenida dos teatros.

A capital, Washington DC, está desde o mediodía do venres en máxima alerta e o sábado sufriu a peor fase da tormenta, con violentos ventos, visibilidade case nula, grandes acumulacións de neve e temperaturas xélidas en descenso ata mínimas próximas aos menos 20 graos centígrados.

O metro de Washington , que serve aos veciños estados de Virginia e Maryland, estará pechado polo menos ata o luns e a alcaldesa da cidade, Muriel Bowser, rogou hoxe aos cidadáns que queden en casa e deixen traballar ás máquinas quitaneves.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 24-01-2016 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal