EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Quenllas e tartarugas do zoo de Madrid xa teñen montado o seu Belén acuático.
Baixo a mirada de oito escualos de cinco especies e dúas tartarugas mariñas, dous expertos mergulladores cumpriron coa tradicional instalación do nacemento no Zoo Aquarium de Madrid. As cinco pezas principais, de metro e medio de altura e elaboradas en metacrilato, convivirán con cinco especies de quenlla.

A unha profundidade de catro metros e 23 graos de temperatura, os mergulladores manobraron entre tres quenllas grises, unha gran quenlla touro, un ama de cría, dúas de puntas negras e un quenlla alfombra para colocar as cinco pezas principais que convivirán durante as festas do Nadal con máis de 20 especies de peixes óseos e cartilaginosos que se poden observar nas súas instalacións.

Enfundados en traxes de neopreno, provistos de aletas e máscaras, dous expertos mergulladores efectuaron durante media hora unha inmersión para colocar o Belén acuático. A tradicional inmersión celébrase desde 1995, ano no que se inaugurou o Aquarium do Zoo de Madrid. O tanque de quenllas conta coa presenza de cinco especies de escualos, entre eles Morgana, unha impoñente quenlla touro con máis de 3 metros de lonxitude que convive con raias, barracudas, peixes piloto, peces anxo, varias especies de arrecife, unha tartaruga verde e unha gran tartaruga boba que ten a súa propia réplica neste nacemento acuático que dará a benvida a 2016.

Antía Ramos Gallego, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-12-2015 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal