EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nintendo prepara a revolución NX.

Se hai unha empresa na industria dos videoxogos que se caracterizou desde os seus inicios pola imaxinación e orixinalidade dos seus produtos é Nintendo. A compañía xaponesa continúa na actualidade sacando o máximo partido de Wii U e 3DS, pero xa fai tempo que prepara a que será a súa próxima consola. Desde Nintendo gárdase silencio e só grazas a varias patentes se irán descubrindo pistas sobre as características desta máquina que se chama, de forma provisional, Nintendo NX.

O último rexistro está relacionado cun dispositivo portátil. Trataríase do posible mando desta consola. Segundo as ilustracións da compañía, Nintendo eliminaría os botóns frontales máis de 35 anos despois de incorporalos ás súas primeiras máquinas. No seu lugar, habería dúas ruletas e gatillos superiores e traseiros. Os controladores incorporaríanse na propia pantalla táctil, variando segundo o xogo utilizado. A patente fai alusión tamén á tecnoloxía free-from de Sharp, polo que a pantalla podería ser flexible e abarcar todo o frontal do dispositivo, tendo unha forma non rectangular.

Este novo periférico podería ser un híbrido entre consola de sobremesa e portátil, tal e como apuntaba fai uns meses o Wall Street Journal. Nintendo incluiría a máquina e unha unidade portátil, que se poderían utilizar en conxunto ou por separado. Esta idea reforzaríase coa última patente, xa que en varias imaxes pódese observar o funcionamento da pantalla táctil en varios tipos de xogos, o que apuntaría á súa independencia dunha consola. O artigo tamén desvela que Nintendo buscaría que os líderes da industria traballasen no chip da consola, co fin de aproximarse ás prestacions de PlayStation 4 e Xbox One.

Cristina Rey Pérez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-12-2015 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal