EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VOLTA Á CASA POR NOITEBOA
Adoito traballar con música de fondo á que, ás veces, nin presto atención, pero o outro día reparei nunha frase dunha canción de Funambulista; dicía: “Ella volvería a casa cada Nochebuena a contar que fue su año y que valió la pena”. Vós fostes a miña casa durante moitos anos, convosco rin, chorei, gocei, aprendín, madurei … Así que supoño que me toca volver a casa por Noiteboa e, como colaborei con este blog durante dous anos, paréceme que unha boa forma de facelo é a través del.

Dende ben pequerrechiños pregúntannos cada día que queremos ser de maiores, e as nosas ideas van mudando, pero chega o día no que o tes que saber de verdade, no que a comodidade de “estudar de todo un pouco” sen te preguntares o porqué remata, e daquela debes elixir, e seguir un camiño leva deixar de lado os outros. Vós, a miña segunda casa fixéstesme ben fácil a elección así qué tamén, coma a canción direi que valeu a pena.

O Nadal está á volta da esquina xa, e este ano será diferente aos anteriores, deixarán de ser as agardadas vacacións para pasar a ser o tempo para preparar os exames de xaneiro, aínda así veremos as rúas adornadas tan bonitas coma sempre e brindaremos, brindaremos por todo o que nestes últimos meses cambiou, pero tamén por todos os que nos axudaron a chegar ata aquí, por iso quero brindar por todos vós, polo cariño, a comprensión e o apoio de tantos anos, pola oportunidade de actividades diferentes que nos axudan a aprender máis e a ter máis soltura (agora que de vez en cando nos toca saír a expoñer algo diante dunha morea de persoas entendo o valiosas que foron todas as exposicións orais, as cales non sempre sabiamos valorar).

E a vós, que dicides estar cansado de tanto estudar quero desexarvos moita sorte, capacidade para valorar todo o que se vos ofrece e, por suposto BO NADAL E FELIZ 2016. Un pracer volver a contactar coa miña casa.

Elena Blanco González, exalumna do CPR Divina Pastora.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-12-2015 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Pois grazas por lembrar que estás coa túa familia educativa e cos teus impulsos blogueiros universitarios expandimos o noso #blgtk08#universo voluntario. Que bo que volvas á casa de noso! Sempre estaremos aquí e moita sorte para os teus vendeiros esforzos!
Comentario por Master and Co (21-12-2015 17:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal