EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

QUE QUERES SER DE MAIOR?
Fai máis ou menos seis meses soou a última sirena.

Interiormente existía unha competición entre as ganas de saír a comerse o mundo e a seguridade que outorga a rutina.

Pode que tentásemos poñer a mellor cara, pero en realidade tremíannos as pernas. Pois non tiñamos nin idea que pasaría coas nosas vidas. A maioría ía cumprir os seus soños pero a outros tocábanos tirar a moeda ao aire. Empezaba a formación para aquilo ao que dedicaremos corenta anos das nosas vidas, e a idea de dedicarllos a algo que non me facía feliz fíxome tocar a tolería coa punta dos dedos.

Quizá me daba medo o fracaso ou non conseguir o éxito. Despois de varios meses buscando o meu futuro mesmo debaixo das pedras, atopei algo que non me esperaba e que me apaixona. Algo que nunca estivera nos meus plans. Por iso hoxe creo que hai que actualizar os soños, porque é a única maneira de ser feliz.

Creo que somos demasiado esixentes cos nosos soños, agora esas frases feitas, baleiras de contido e carentes de sentido parécenme absurdas. Iso de “persegue os teus soños que se non perseguirante a ti” ten moito veleno. O importante na vida é descubrir a tempo aquilo que che fai feliz, que se cadra non é aquilo que querías facer.

Agora creo que o éxito é admirarme a min mesma, e que as persoas que quero me digan que están orgullosas de min. Non quero converterme nunha autora aburrida da miña propia vida, non esquezamos que vivimos en directo e dende que nacemos váisenos a vida.

A miña última achega a este blog, levaba por título “Un adeus sen esquecemento” e algo fixestes ben, porque aínda vos teño presentes.

Alba Baltar Janeiro, exalumna do CPR Divina Pastora.
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-12-2015 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 A actualización dos soños, a diferenza das outras APPS é gratuita e dependen de nós. Alegrámonos qu#blgtk08#e teñas refrescado os sentidos e o ánimo e lembra que sempre serás da familia, soñar o que soñares.
Comentario por Master and Co (21-12-2015 17:17)
2 A actualización dos soños, a diferenza das outras APPS é gratuita e dependen de nós. Alegrámonos qu#blgtk08#e teñas refrescado os sentidos e o ánimo e lembra que sempre serás da familia, soñar o que soñares.
Comentario por Master and Co (21-12-2015 17:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal