EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Continúan as tractoradas na Coruña e Lugo
Os tractores mobilizados na Coruña e Lugo manteñen as súas protestas de forma indefinida ante a falta de resposta ás demandas do sector lácteo, tras cumprirse este sábado o terceiro día de bloqueo en superficies comerciais da cidade herculina e de rodear a muralla da capital lucense. «De momento respostas non hai, están moi ocupados coa campaña», sostivo ao ser preguntado por contactos coa administración sobre as demandas dos produtores lácteos.

Nesta liña, Óscar Pouse, de Unións Agrarias (UU.AA.), destacou a chegada dunha trintena de tractores máis ata A Coruña procedentes da zona de Arzúa e Ordes, polo que cifra nuns 180 os mobilizados na cidade herculina.

En Lugo, sumáronse case unha trintena de tractores máis aos centenares xa situados ao redor da muralla romana. Este sábado levaron a cabo reparticións gratuítas de leite e de información aos cidadáns, o que prevén seguir facendo en xornadas sucesivas. O portavoz de Agro Muralla, Roberto López, comentou a Europa Press que o luns ás 12,00 horas teñen previsto celebrar unha manifestación a pé polo centro histórico de Lugo desde a porta de San Fernando.

Paola Dacasa Mazaira, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-12-2015 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal