Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A pequena Alicia cumpre 150 anos.
Fai 150 anos un catedrático de Oxford chamado Charles Lutwidge Dodgson gozaba contándolle historias a tres rapazas -eran as fillas do decano da súa universidade; e unha delas, Alice Liddell- coas que ía con frecuencia a facer picnics e de vacacións. Un bo día, a pequena delas, de dez anos, pediulle que puxese por escrito un dos contos. O obediente e humilde Lutwidge non puido dicir non. De feito tomoullo moi en serio e pasou dous anos escribindo un impoluto manuscrito con máis dunha treintena de ilustracións que el mesmo debuxou.

A moitos esta historia poderá non soarlles de nada, pois o escritor é coñecido mundialmente baixo o seu pseudónimo, froito dun xogo co seu nome orixinal que termina transformándose en Lewis Carroll. O conto non é outro que Alicia no país das marabillas e agora a Biblioteca Británica en Londres celebra ao grande unha exposición para conmemorar o 150.º aniversario da publicación deste relato que cambiou por completo o concepto de literatura infantil, que se abría á posibilidade de ser divertida e á vez pedagógica.

A exposición comeza cunha baixada á madriguera do coello, pero tampouco faltan xoguetes, caixas de selos e a cerimonia do té. Todo un resumo do labor de márketing feita por Carroll para difundir a súa obra, e á que se sumaron moitos ilustradores e debuxantes ao longo dos anos. «Desde a súa concepción, a historia de Alicia foi analizada, foi apropiada, rediseñada e ilustrada moitas veces, e con todo, malia ser sometida a tanto cambio, segue sendo moi fiel á historia orixinal concibida por Carroll», explica a comisaria da mostra, Helen Melody.

A exposición -que abriu as súas portas ao público esta semana e é de entrada gratuita- poderá verse ata o próximo 17 de abril para celebrar o que Melody considera «un texto emblemático da cultura británica». A comisaria espera que os visitantes non só gocen do manuscrito orixinal e outros tesouros, senón tamén do programa de charlas e a tenda creada para a ocasión.


Cristina Rey Pérez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-11-2015 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal