Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Elvira Ribeiro acada o Leiras Pulpeiro de poesía.
Elvira Ribeiro (Cerponzóns, Pontevedra, 1971) acadou o primeiro premio, dotado con 1.500 euros; o segundo foi para Óscar García Ramos, da Coruña; e o terceiro para Martiño Maseda.

A poeta gañadora ten publicado en verso até o momento Andar ao leu, Arxilosa, Cania Haikai e Corpos transitivos; e en prosa un par de libros infantís: PaLaBrAs BrAnCas e As redes de Inés, ademais do ensaio Descubrir Pontevedra.

Ademais do Leiras Pulpeiro, conseguiu os premios poéticos Victoriano Taibo, o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas e o Avelina Valladares. En canto á prosa infantil e xuvenil, foi finalista do Premio Merlín e acadou o Neira Vilas por por PaLaBrAs BrAnCaS.

Na súa páxina de Facebook Elvira Ribeiro compartía hoxe alegría e un dos poemas que compoñen a obra premiada, escrita “con banda sonora ao vivo e versos de Martine Broda ao fondo”:


"un tropel de medos á procura da invasión
asediánnos órganos vitais

un voitre atravesa o ceo
o escalpelo secunda a escena

no entanto resiste
algo da brancura
flashes das nosas coxas
estomballadas sobre o trevo
un peito fóra da camisa
desatento á predación

medos á procura do asalto
á espreita
esfameados"




Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 20-11-2015 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal