Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“A Esmorga” dá o salto ao mercado coa posta de 10.000 copias de DVD na rúa.
O director da película “A Esmorga”, o gran acontecemento cinematográfico en Galiza ao longo deste último ano, pasou onte polo Festival de Cine de Ourense para anunciar a venda de 10.000 copias de filme en DVD. Ignacio Vilar, está acompañado na campaña de promoción por Miguel de Lira e Morris, aos que mañá se unirá Karra Elejalde (estarán os catro no Centro Comercial Ponte Vella), os tres protagonistas que deron a vida a Cibrán, Milhomes e Bocas, respectivamente, na película. A segunda gran noticia en relación á película anunciouna Vilar, dando a coñecer que na próxima primavera iniciarán a promoción en América Latina, “especialmente en Arxentina, onde hai una importante colonia galega e onde Eduardo Blanco Amor escribiu a novela”. Será, probablemente, nas datas coincidentes coa Feira do Libro de Bos Aires, que na súa próxima edición estará adicada a Santiago de Compostela.

Presentados por César Silva, director de programación do Festival, asistiu tamén a concelleira de cultura, Belén Iglesias, quen destacou a “gran actividade cultural que estamos tendo esta semana en Ourense”, e especialmente a saída a venda de “A Esmorga” en DVD. Declarouse “orgullosa” de estar no acto, pois “A Esmorga leva o nome de Ourense polo mundo enteiro”.

Ignacio Vilar pola súa banda, indicou que “aqu´comezou todo”, referíndose a que a película foi estreada na sesión de inauguración do Festival de Cine de Ourense o pasado ano. “A Esmorga está viva, pois aínda está nos cines e agora en DVD”. Tamén se mostrou orgulloso de que a película “superase en permanencia na pantalla a grandes superproduccións norteamericanas e, ademais, aínda recibe premios”, como é o caso recente de Toulouse, onde recibiu galardóns para os protagonistas, a fotografía e ao propio Vilar como mellor realizador, premio creado expresamente para el. O director engadiu que agora “estamos facendo unha gran campaña, que agardamos que tamén sexa un éxito”, dijo, apelando a que a xente “regale cine galego” no Nadal.

Miguel de Lira subliñou que esta iniciativa da edición da película en DVD supón “unha democratización” da histria baseada na gran novela de Blanco Amor, e iso cobra un sentido especial no lugar onde o dixo, pois “Ourense é a casa da Esmorga”. “Aquela iniciativa foi un reto que agora vemos que fomos capaces de superar” dixo.

Antoni Durán “Morris”, pola súa parte, afirmou que “é una felicidade ver fotos do Festival nas redes sociais, pois nacimos aquí fai un ano, para conquistar Galiza e logo España”, na que todos eles apoiaron a promoción por España nunha furgoneta.

A cinta, ademáis da película, contén case setenta minutos de imaxes sucedidas ao longo do ano tras o seu estreno.



Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2015 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal