Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Detido o xefe da Unidade de Estupefacientes de Ourense.

A brigada de estupefacientes da Policía Nacional de Ourense foi descabezada nunha operación contra o narcotráfico. Axentes do Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (GRECO) de Madrid arrestaron a noite deste martes ao xefe da unidade ourensá e a outro membro da brigada, tras unha operación interna coordinada desde a capital española para evitar posibles filtracións. Xunto aos dous axentes, a quen non se lles incautou droga, foron detidas polo menos 10 persoas máis, todas elas relacionadas co tráfico de droga a mediana escala.
A detención dos dous policías nacionais ?no calabozo da Comisaría de Ourense á espera de que o xuíz lles tome declaración? xerou gran sorpresa entre os seus compañeiros que destacan a "dedicación ao traballo" de ambos. Membros desta brigada recibiran recentemente a medalla ao mérito pola súa actividade na loita contra o narcotráfico na provincia de Ourense.

O Sindicato Unificado de Policía (SUP) emitiu un comunicado no que apela á presunción de inocencia dos dous axentes e pide que se teña en conta a súa "dilatada e meritoria traxectoria profesional". O xefe da brigada ocupa o cargo desde hai un ano e o outro axente detido leva unha década de servizo nesta unidade. Os seus compañeiros desvincúlanos de calquera actuación delituosa.

Ambos os policías foron detidos a noite do martes nunha xornada que incluíu numerosos rexistros en vivendas, naves, garaxes e outros inmobles da capital ourensá vinculados a narcotraficantes e nos que a Unidade de Asuntos Internos incautouse de entre catro e seis quilos de droga, segundo avanzou Faro de Vigo, que cifra en varios meses a instrución baixo segredo de sumario da operación.

A investigación, que incluíu escoitas e seguimentos dos detidos durante meses, foi aberta polo xulgado de Instrución número 1 de Ourense ante a sospeita de que os dous axentes incorrerían nun suposto delito de omisión do deber ao non perseguir, supostamente, unha operación de narcotráfico nunha investigación aberta.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, manifestou que estas detencións evidencian que "o sistema funciona".



José Javier Nieto Blanco. 4ºB.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2015 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal