Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Atentado en París: Un dos terroristas tiña entradas para o Francia-Alemaña, pero non conseguiu entrar ao estadio.
Polo menos un dos terroristas que atacaron no exterior do Estadio de Francia tiña unha entrada para o partido e intentou entrar no campo onde se concentraban 80.000 persoas co obxectivo de facer un masacre e provocar unha potencialmente perigosa estampida.
Un garda, cuxo nome é Zouheir, afirma que os corpos de seguridade descubriron que o atacante levaba posto un chaleco con explosivos despois de cachealo na entrada uns quince minutos antes do partido Francia-Alemaña.
No momento no que se afastaba da zona de seguridade, o terrorista accionou o seu chaleco bomba e provocou a explosión. Un policía confirmou os feitos e engadiu que o obxectivo real do atacante era detonar o chaleco dentro do estadio.
Tres minutos despois deste primeiro ataque suicida, foi outra persoa no exterior a que tamén se inmolou e, posteriormente, un terceiro terrorista fixo o mesmo nas inmediacións dun McDonald's, unha explosión que se saldou coa morte dun civil.
As detonacións sucederon durante a primeira metade do partido e provocaron confusión no interior do estadio, onde se chegaron a escoitar polo menos dous das explosións. Nun primeiro momento, os afeccionados non reaccionaron, xa que este tipo de ruídos son normais durante a celebración dalgúns encontros.


Lucía Vázquez Nóvoa, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2015 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal