Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O mellor retratista baixo o océano.

Vive no Finisterre do estado de Nova York, nunha pequena localidade a beiras do río San Lorenzo, «e a fronteira con Canadá está como ao final desta sala». Isto explicaba onte David Doubilet no Kiosco Alfonso da Coruña. O considerado como mellor fotógrafo submarino do mundo expón en devandita sala un centenar das súas fotografías, unha retrospectiva da súa obra que leva por título Océanos. A mostra forma parte das actividades do Festival Mar de Mares e do proxecto europeo Sea for Society.

Xunto con Jennifer Hayes, bióloga, xornalista e compañeira inseparable en todas as súas expedicións, Doubilet explicou onte á noite no Domus a orixe dalgunhas das imaxes expostas e outros aspectos do seu traballo. «Os peixes odian que lles fagan fotos e por iso temos moitísimas do traseiro de moitos e das súas aletas», apuntaba Hayes, cun sorriso. Pero «hai momentos nos que todo queda en calma, especialmente no caso dos mamíferos mariños (...). Temos que esperar por ese momento e estar preparados; no noso caso somos máis retratistas que paparazzis porque hai que ter en conta a luz, intentar ver as emocións: na cara dun peixe frío hai moitas emocións». E concluía, «os peixes teñen a súa personalidade, uns son máis alegres e outros mais huraños, é moi divertido coñecelos».

Doubilet e Hayes argumentaban: «Se queremos conservar algo, primeiro temos que coñecelo e despois amalo». Por iso, «o noso traballo pode ser moi sutil, pero moi poderoso: hai unha nova ética na fotografía que ten unha influencia moi importante; falando de ballenas ou de meros xigantes, hai unha necesidade de utilizar o poder emocional desas imaxes».

Cristina Rey Pérez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2015 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal