Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha “startup” ourensá logra o premio á mellor de Galicia
Brooband é a resposta ourensá ao bum dos chamados wearables, ou pulseiras intelixentes. Un grupo de emprendedores constituíu en 2013 Brookesia, unha empresa que desde entón traballou no deseño e produción dunha pulseira "que sexa útil e mellore as condicións de vida do usuario", explican.

José Antonio Velo, Diego Regueira, Marcos Civeira, Óscar Barba e Pablo Rodiz son os pais da 'criatura'. Con sede na Tecnópole, Brookesia combinou as habilidades emprendedoras, de márketing e de enxeñería destes novos empresarios para levantar o seu proxecto de pulseira intelixente, que acaba de lograr o premio á mellor startup galega, que concede o Clúster TIC Galicia, despois de lograr varios premios en convocatorias nacionais e continentais de emprendimiento.

A clave do seu éxito, relatan, ten que ver coa procura das carencias dos demais wearables do mercado. "Todos son pechados, é dicir, as empresas desenvolven dispositivos intelixentes que só funcionan cos seus propios desenvolvementos e só cumpren un obxectivo específico, case sempre enfocado á biométrica e ás notificacións do móbil ou a tableta", explican os integrantes de Brookesia. Fronte aos meros contadores de frecuencia de soño, podómetros e pulsómetros, esta pulseira 'made in Ourense' preséntase como "aberta, á marxe da necesidade total de usar máis dun dispositivo, co que o usuario se evita un gasto enorme".

Kelly Pousa, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-11-2015 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal