Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“A San Martiño e Ourense perden sen Alejandro Fernández”.
A non participación de Alejandro Fernández na Popular do San Martiño xerou unha polémica inevitable. Por unha banda, os que defenden a súa ausencia ao non estar inscrito a tempo. Por outro, os que defenden que a presenza dun referente local e nacional como Fernández é un soporte imprescindible para a carreira. Neste segundo grupo están os propios atletas cos que Fernández debería pelexar a vitoria.

O claro favorito é agora Lolo Penas (Arzúa, 1977) e móstrase indignado coa ausencia do seu rival: "Poño a man no lume por todos os atletas que sairemos na primeira fila afirmando que todos quereriamos que correse e aceptariamos que gañase a San Martiño".

Penas ten dous San Martiño no seu palmarés e eloxia a unha carreira que "ten un percorrido urbano precioso. É unha carreira moi bonita de correr" e engade que "ter a case 12.000 inscritos demostra a cultura deportiva que hai nesa cidade".

Pero con todo é moi crítico coa organización pola non presencia de Alejandro Fernández: "Non consigo entender como é posible que un atleta que é o actual campión de España desa distancia e que é de Ourense non sexa convidado xa pola organización antes de abrirse o prazo de inscrición". E vai máis aló: "Un corredor que representa para o atletismo ourensán o que representa Alejandro xa tería que estar convidado á presentación oficial da carreira".

O gañador da popular de Santiago hai unhas semanas aspira a repetir vitoria en Ourense. Coñece ben a Alejandro Fernández despois de moitos anos como rivais en carreiras por toda España. "Teño claro que se a Alejandro lle póñen nunha balanza gañar un Campionato de España ou a San Martiño elixiría sen dubidalo a San Martiño. Coñézoo moito e para el é a carreira máis especial de toda a tempada e por iso doeulle máis o que pasou".

Mesmo se atreve a dicir que "é un caso que nunca tería que saír á luz. Alejandro é unha referencia deste deporte e calquera carreira convidaríao. Non o consentiron nin o coidaron e iso non ten xustificación. Antes de saír á luz pública tiña que arranxarse porque unha vez que sae xa non ten control. Tamén hai que entender á xente que se agarra a que hai que cumprir as normas". E acaba dicindo que "a que perde é a San Martiño e Ourense porque mancha a súa imaxe deixando en mal lugar ao seu corredor máis representativo".

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-11-2015 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal