Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Piden 300 anos de cárcere para os 20 membros do clan Roma que serán xulgados por narcotráfico
A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra celebrará desde o xoves 1 de outubro un macroxuízo contra 20 membros do clan Roma, unha suposta rede de narcotráfico desarticulada en outubro de 2007 tras sementar fardos de cocaína nas Rías Baixas na súa fuxida das forzas de seguridade. Para eles, a Fiscalía pide penas que suman uns 300 anos de cárcere, así como multas multimillonarias.

O Ministerio Público dá por probado que os acusados formaban parte de «unha organización criminal» que tiña como finalidade a introdución en España e o tráfico ilícito de substancias estupefacientes, principalmente cocaína.

Esgrime que a suposta rede contaba cunha estruturación «xerarquizada» e «cunha precisa repartición» de funcións. En función da responsabilidade, o fiscal determina penas de prisión que varían entre os cinco e os 27 anos.

É o suposto xefe, o arousán José Ramiro Vázquez Roma, recibe as peticións máis duras da Fiscalía: 27 anos de prisión e tres multas que ascenden a 604 millóns de euros.

En concreto, demanda para el 13 anos de prisión e dúas multas de 300 millóns de euros cada unha por un delito contra a saúde pública, oito anos por pertenza a unha organización criminal coa condición de xefe da mesma, e seis anos de prisión, así como unha sanción de catro millóns de euros, polo delito continuado de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas.

O xuízo, que está previsto que dure unha gran parte do mes, arrincará o día 1 coas cuestións previas; as declaracións dos acusados serán os días 5 e 6 de outubro, e, a partir de aí, terán lugar as testificales.

Lucía Dafonte Navaza, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-09-2015 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal