Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
Europa é un continente plurilingüe no que existen arredor de 200 linguas nativas, 24 recoñecidas oficialmente e unhas 60 rexionais ou minoritarias. Co fin de poñer en valor e dar a coñecer esta riqueza, o sábado 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas, unha conmemoración que organizan conxuntamente o Consello de Europa e a Unión Europea dende hai xa catorce anos, coa que se pretende presentar e fomentar a gran diversidade cultural e lingüística, así como incrementar o grao de entendemento a través do impulso da aprendizaxe de linguas entre a cidadanía europea.

Na súa condición de comunidade oficialmente bilingüe, Galicia achega, neste contexto, un elemento valioso para súa diversidade, o galego. Así, a Xunta sumouse un ano máis ao festexo -xunto a outras moitas institucións e organismos europeos- poñendo á disposición da cidadanía varios recursos na web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cos que achegarse á diversidade idiomática de Europa dende o galego.

A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, manifestou a súa adhesión ao Día Europeo das Linguas nunha declaración que pon énfase nos retos de futuro para o galego no contexto actual. «No caso concreto da nosa comunidade, unha das transformacións á que aspiramos consiste en lograr que a lingua que foi o código de expresión das persoas que habitaron Galicia durante os mil últimos anos estea en condicións de seguilo a ser durante os mil anos futuros como vehículo de comunicación útil e dinámico», proclamou o documento.

Patricia González Fernández, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 27-09-2015 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal