Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PREMIOS DA CULTURA GALEGA PARA FINA CASALDERREY, MIGUELANXO PRADO E IGNACIO VILAR
O xurado recoñeceu figuras e entidades de consolidada traxectoria no mundo da cultura: a escritora Fina Casalderrey no apartado de Letras, o debuxante Miguelanxo Prado en Artes Plásticas, a actriz María Bouzas en Artes Escénicas, o cineasta Ignacio Vilar en Audiovisual, o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol (Música), a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Lingua), a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Patrimonio Cultural), e a galicianista americana Kathleen March (Promoción Exterior).

Estes son os premios que substituíron aos Premios Nacionais da Cultura que instituiu o Goberno bipartito, dos que só chegou a celebrarse unha edición. Estes galardóns recoñecían dez modalidades, cuxos únicos gañadores foron Manuel Gallego Jorreto (Arquitectura e espazos públicos), Francisco Leiro (Artes visuais), Margarita Ledo (Cine e audiovisual), Museo do Pobo Galego (Cultura tradicional e de base), Xosé Luís Méndez Ferrín (Literatura), Francisco Díaz-Fierros (Pensamento e Cultura científica, a remodelación urbana de Pontevedra (Patrimonio cultural), Mercedes Peón (Música), o Laboratorio de Formas (Iniciativa cultural) e Manuel Lourenzo (Artes escénicas).

Sandra Tornero Belloso, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 26-09-2015 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal